Boletín informativo Inscripción Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

7/8/2025 - InternationalFencingCamp en Bulgaria

7. Ago. 2025, a las 16.10



Do 2 ó 8 de agosto, están participando no InternationalFencingCamp en Borovets, Bulgaria, catro dos nosos tiradores. Trátase dunha importante preparación para a nova pretempada a nivel físico, psicolóxico e técnico. Neste campamento participan técnicos propios de internationalfencingcamp, preparadores físicos, e persoal para a xestión das sesións de entrenamento.

As sesións están supervisadas por tiradores olímpicos, nesta ocasión Rubén Limardo, ouro en Londres 2012, bronce por equipos en París 2024, e cunha tempada 24/25 fantástica, cun bronce individual en Doha, unha prata nos Campeonatos Panamericanos, e ouro por equipos na mesma competición. Nikolai Novosjolov, dobre campión mundial, e actualmente adestrador de Katrina Lehis, número 2 do ránking FIE. Do ranking feminino está presente Giulia Rizzi, ouro olímpico por equipos con Italia, e cunha tempada 24/25 excepcional, con victoria no Grand Prix de Bogotá e prata en Budapest.

As sesións compleméntanse con adestramentos individuais cos mestres olímpicos ou cos adestradores de International Fencing Camp.

Asisten a esta experiencia Vera Pereiro, Gabriel Orro, Antón Franco e Telmo Miraz.

Máis info do campamento en https://www.internationalfenci...
Las últimas noticias Todos
15/03/2026 - Ouro no TNR Espada M15 e M13 de Ciudad Real
Ciudad Real foi o escenario dun novo Torneo Nacional de Ránking, onde a actuación das categorías mais novas de 100Tolos foi excelente.O sábado, na categoría M15, Ángel Rivas resultou gañador da competición cun impresionante dominio ...
08/03/2026 Campionatos de España Espada M20 e M23 Logroño
A fin de semana do 7 e 8 de marzo disputáronse en Logroño os Campionatos de España de espada en categorías M20 (junior) e M23, coa participación de 3 tiradores de 100Tolos que acadaron por ranking da tempada unha das disputadas 42...
28/02/2026 TNR Florete M13 e M15 Ciudad Real
Gran resultado para as nosas 100Tolas no TNR de Florete M13 e M15 disputado en Ciudad Real. O sábado, Lia Mora acadou a 5ª posición, a un paso do podio, chegando ó cruce de táboa de 8. Lia Rodríguez, M13 que tamén disputou o M15, re...


Otras páginas de SportMember
  • Gestion deportiva de SportMember