Boletín informativo Iniciar sesión
  • Inicio
  • Onde estamos?
  • Modalidades
    • Esgrima Deportiva
    • Esgrima para nenos
    • Esgrima histórica
    • Esgrima adaptada
  • Actividades
  • Integratlón
    • Integratlón 2025-2026
    • Integratlón
  • Novas
  • Competición
    • Federacións e campionatos
    • Galicia
    • Nacional
    • Próximas Competicións
    • Información, normas e regulamentos
    • Calendarios
  • Más
    Preguntas Frecuentes
    Competición Práctica da esgrima
    Aviso Legal

1/3/2025 III Torneo Internacional Cidade da Coruña

11. Jun. 2025, a las 15.18





O sábado 1 de marzo disputouse, organizado por 100Tolos, na Casa da Auga en A Coruña o III Torneo Internacional Cidade da Coruña de espada en categoría absoluta.


A competición, puntuable no ranking galego absoluto, tivo destacdo protagonisto de 100Tolos, acadando 4 medallas das 8 en disputa. Na categoría masculina, Iago García acadou a segunda posición nunha final gañada por Noé Bermejo. Javier Gormaz acadou a terceira posición. Jorge Pereira, Guillermo Belmonte e Xián Franco remataron a un paso da medalla, na 5ª, 6ª e 7ªposición respectivamente. A participación 100Tola completouse con Adrián Vidal (14), Tiago Souto (15), Lois Longueira (16), Martín Redondo (20), Cristian Lugrís (23) e Alberto Ose (25).


https://engarde-service.com/co...



Na categoría feminina, a cadete Vera Pereiro acadou a segunda posición, nunha disputada final con Araceli Bugallo, quen, nunha gran remontada na final entre as dúas, se fixo co ouro. A terceira posición foi para Hugo Díaz. As dúas repiten podio nunha gran tempada na categoría absoluta. Completaron a participación Nieves Eiriz (10), Laura Mora (13) e Claudia Rodríguez (15).


https://engarde-service.com/co...

Las últimas noticias Todos
06/06/2026 Campionato de España Espada Absoluta
A fin de semana do 6 de xuño disputouse en Las Rozas o Campionato de España de espada absoluta, coa representación por parte de 100Tolos de Javier Gormaz, que acadou o posto 22º na clasificación final. https://engarde-service.com...
24/05/2026 Ángel Rivas campión de España e equipo 100Tolos medallistas nacionais
Enorme fin de semana no Campionato de España de espada cateogría M15 disputado en Torrejón de Ardoz, onde Ángel Rivas se proclamou Campión de España da categoría, nunha loita titánica non só cos seus rivais senón coa súa propia les...
16/5/2026 Campionato Galego Espada Absoluta
Disputouse en Santiago de Compostela o Cmapionato Galego de Espada Absoluta, tanto en modo individual como en equipos.Na espada masculina, Jorge Pereira acadou a medalla de bronce, Gabriel Orro rematou no 5º posto, Javier Gormaz 6º...


Otras páginas de SportMember
  • Información sobre 100Tolos
  • Gestion deportiva de SportMember